O Círculo de Recreo. Casino de Lalín acollerá o venres, ás 20:00 horas, a presentación do libro Andares (A Terra do Medio). É o resultao do froito da colaboración dunha serie de amigos do escritor Xosé Vázquez Pintor baixo a coordinación de Antón Laia e a obra abarca os municipios de Melide, Agolada e Lalín. A cita completarase coa música a cargo de José Iglesias Fernández, Baldomero Iglesias, José Luis Factor Rodríguez e tamén asistirán poetas e escritores.