O alcalde en funcións de Lalín, Rafael Cuíña, volveu a recurrir ás redes sociais para comunicarse cos seus veciños. Co vídeo gravado onte pola mañá pretendía por fin a unha etapa de catro anos nos que estivo á fronte do que él mesmo acuñou como un goberno de integración. Logo de que tempo atrás asegurase que non estaría máis de dous mandatos na Alcaldía e na campaña afirmase que era a derradeira vez que lideraría unha candidatura, agora nas das súas verbas despréndense alomenos dúas cuestións: que estará catro como "xefe da oposición" -Compromiso foi a segunda forza máis votada por detrás do PP- e que non desbota nin moito menos tratar de recuncar en 2023. Nun vídeo de algo máis dun minuto de duración, o alcalde en funcións abandona o seu despacho cunha pequena escultura de seu pai na man -a obra estivo na súa mesa estes catro anos- manifestando "viva Lalín, con razón"; acto seguido abre a porta e proclama: "pero bueno, volverei".

Cuíña Aparicio aproveita esta gravación para sinalar que o pobo quixo que se producira un cambio e que así hai que respectalo, aínda que, enfatiza, as forzas políticas que deixarán de ser mañá goberno suman máis votos que os populares. Logo de indicar que agora toca mirar cara o futuro e que para él foi unha "inmensa honra ser alcalde", engade que neste tempo se traballou duro para que Lalín estea hoxe mellor que hai catro anos. Tamén pideu desculpas polos erros que puidesen cometer y da a benvida ao goberno entrante, ao que desexa "o mellor" e a quen declara o seu "máximo respecto e consideración". Logo de dar carpetazo a esta etapa, garantiza que agora tócalle traballar desde as bancadas da oposición "para buscar un goberno do cambio, na liña do que fixemos estes anos".

O despacho da terceira planta do Castro Tecnolóxico terá desde mañá un novo inquilino durantecatro anos, pero que coñece ben este despacho: José Crespo.