A Fundación Neira Vilas mantén aberto ata o 29 de xuño o prazo para presentar obras á cuarta edición do certame 'Balbino' de relatos. Poden participar escritores de calquera idade ou nacionalidade, sempre que a obra que remitan estea redactada en galego e que teña como motivación temática o rural, o mar e a emigración. Os relatos deben ter entre 100.000 e 180.000 caracteres. As bases completas están dispoñibles no sitio web www.concursobalbino.com. O xurado dará a coñecer o traballo gañador en setembro. O autor do relato recibirá un premio de 1.500 euro e a súa obra será publicada por Edicións Fervenza. Na anterir edición deste certame, en 2018, a proposta gañadora foi Máis alá do rio do esquecemento, de Ricardo Ferreiro Almeda.