Por que está vostede en política?

Porque considero a política como unha responsabilidade de servizo público, e é o momento de que os cidadáns teñamos voz propia e botemos das institucións a quen as patrimonializaron.

Por que deberían votala os seus veciños?

Fomos os únicos que fixemos fronte á soberbia do PP. Mentres outros partidos desapareceron e regresan agora con proclamas triunfalistas, nós traballamos durante todo este tempo sen pausa e con moita ilusión para construir o noso proxecto e agardamos que a xente o teña en conta.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Gustaríanos ter a oportunidade de transformar A Estrada, pero serán os veciños os que decidan o noso papel.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

A Estrada está nun punto de non retorno e é a última oportunidade para saír da grave parálise socioeconómica na que nos sumiu o PP.