Por que está vostede en política?

A decisión de entrar en política débese á necesidade que vexo de cambiar o rumbo de Forcarei . Quero un pobo vivo no que a política e a representación do concello sexan mais respetuosas e amables.

Por que deberían votala os seus veciños?

Queremos cambiar Forcarei, queremos un pobo para vivir e traballar. Podemos garantir esa capacidade despois de tres anos xestionando o consorcio provincial de bombeiros. Ademais somos un grupo de xente na candidatura de BNG-Foro Forcarei que aporta coñecementos en áreas clave para o Concello de Forcarei.

Onde se vostede despois do 26-M?

Estamos convencidos de que na Alcaldía de Forcarei.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

O futuro de Forcarei pasa por frear a perda do 10 por cento de poboación deste mandato. A ese ritmo o concello é insostible. Pasa tamén por crear emprego e fixar poboación; pasa por unha autovía que nos conecte con Pontevedra e pasa pola prestación de servizos ás familias con dependentes ou nenos.