Por que está vostede en política?

Sempre participei nas actividades do concello, no grupo de baile galego de Soutelo de Montes de nena, logo na comisión de festas de Forcarei e en asociacións culturais como agora na Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro. Gústame participar do desenvolvemento do meu pobo e desde a política local pódese facer moito neste sentido.

Por que deberían votala os seus veciños?

Porque o proxecto do goberno actual está agotado e porque Forcarei precisa dun equipo de xente dialogante, que goberne para todos e todas, que defenda os intereses veciñais ante os recortes de servizos e o máis importante que priorice fixar poboación.

Onde se vostede despois do 26-M?

Gustaríame verme gobernando Forcarei.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Por servizos de calidade para os maiores apostando por un centro de día, pola industria e o asentamento de empresas, por facilitar o acceso a vivenda coa rehabilitación das vivendas escolares, por apoiar aos colectivos deportivos e culturais, polo saneamento en todos os núcleos. En definitiva, por gobernar cos pés na terra.