Por que está vostede en política?

Comecei en 1999 por vocación de servizo público e de colaborar con Forcarei e cos seus veciños, porque o interese xeral e o benestar deste concello sempre me inquedaron dende que, na década dos noventa, comecei a participar na vida pública dende a asociación de mulleres.

Por que deberían votala os seus veciños?

Polo traballo feito estes catro anos, porque o único que nos move é o seu benestar e porque eu e máis o meu equipo vivimos, cremos e queremos a Forcarei.

Onde se vostede despois do 26-M?

Non teño ningunha idea preconcebida, pero os veciños de Forcarei son sabios é onde me poñan, cos resultados, alí estarei ao seu servizo. Nembargantes, é indubidable que somos un proxecto gañador e aspiramos a revalidar a maioría absoluta.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Sen dúbida polo sector agrario, co que colaboramos xeralmente a través de Coafor e de xeito individual atendendo as necesidades de cada explotación; polas nosas empresas como foco de emprego; e polo turismo, co noso medio ambiente e patrimonio e un circuíto que xa achega 30.000 persoas ao ano.