Por que está vostede en política?

Claramente por vocación de servizo público e de querer traballar polos meus veciños, que foron dúas inquedanzas que sempre tiven dende neno. E por unha crenza moi firme no proxecto e nos principios do noso partido, o Partido Popular. Cando te implicas dende tan novo coma min o que te move sempre nace da ilusión.

Por que deberían votalo/a os seus veciños?

Deben facer o que consideren. Eu creo moito na democracia, quizais porque nacín con ela consolidada neste país. Eu ofrézolles aos veciños traballo sen desmaio, capacidade de xestión, un trato moi próximo, un proxecto claro e moitísimo cariño por esta terra e as súas xentes.

Onde se ve vostede despois do 26-M

Levo oito anos de alcalde como podía estar na oposición, os cidadáns son soberanos. Pero, no meu interior e polo que me di a xente, é bastante posible que recunque como alcalde de Cerdedo-Cotobade, así que irei ao meu despacho a primeira hora, como todos os días, porque temos moitos proxectos importantes en marcha e hai que seguir empuxándoos.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

O futuro pasa por seguir no camiño de infraestruturas, servizos e atención que temos emprendido.