A Banda de Vilatuxe ofreceu antonte domingo na Praza da Igrexa de Lalín un concerto. Este espectáculo tivo lugar nunha carpa instalada polo Concello para acoller as distintas actividades da programación municipal polo Día das Letras Galegas, entre os que se incluira este recital. Os músicos da parroquia lalinense, dirixidos por Víctor Vilariño, ofreceron un espectáculo que foi seguido polo numeroso público que se deu cita neste espazo do centro urbano lalinense a partir das 20.30 horas. O sábado pasado o departamento de Cultura, que dirixe Lara Rodríguez Peña, programou unha actividade teatral pola mañá nesta mesma ubicación, onde, tamén, xa desde as 19.00 horas ofreceuse o III Serán das Letras Galegas con grupos tradicionais.