| Vila de Cruces celebra esta fin de semana o San Cidre. Onte acolleu o XIV Festival Folclórico San Cidre coas actuacións da Asociación Cultural Nuestra Señora de la Esperanza, de Toledo, da Escola de Danzas Vila, de Baiona e do grupo de Baile Punteirolo. Despois houbo cantos de taberna. Hoxe ás 12 horas haberá misa e procesión e de seguido actuará Punteirolo.