Os vellos tempos están para lembralos. 24 alumnos da promoción 1974/75 do colexio María Inmaculada de Silleda celebraron unha comida onte no Hotel Nós (Silleda). Estes compañeiros de pupitre, despois de 40 anos, decidiron reencontrarse o ano pasado polo mes de abril e a maioría xa nin se recoñecía. Á cita de onte acudiron compañeiros desde distintas zonas de Galicia, pero tamén dúas que se atopan vivindo, respectivamente, en Tarragona e en París. Debido á ponte das Letras Galegas foi imposible reunir a máis xente.

Onte mesmo decidiron, para organizarse con tempo, que a cita repetirase a partir de entón cada primeiro sábado de xuño e para o ano barallan coller un autobús e facer unha excursión para desfrutar da xornada e revivir aquelas viaxes que fixeron cando eran cativos.