18 de mayo de 2019
18.05.2019

Taboada Mella: "O noso ideario actuará como revulsivo"

María Salomé Taboada Mella, candidata de Ciudadanos

18.05.2019 | 06:15
Na miña casa de Andamollo | Tendo que escoller un só lugar sería esta casa. Nela naceu meu pai e unha parte dos meus ascendentes; faime sentir conectada as miñas raíces. Rehabiliteina completamente e espero que, desde onde estean, se sintan orgullosos. É o meu lugar no mundo.

Os candidatos de Silleda á Alcaldía contestan as preguntas de FARO: María Salomé Taboada Mella, de Ciudadanos. 

Por que está vostede en política? 

Podo aportar ideas, coñecementos e traballo rigoroso para que o meu Concello se rexenere. Non é un negocio privado e debe ser conducido con criterios de eficiencia e transparencia, lonxe do clientelismo. O ideario de Ciudadanos actuará como revulsivo.

Por que deberían votala os seus veciños?

Propoñemos medidas que van mellorar de forma substancial a xestión. E significamos un cambio tras a alternancia continuada dos mesmos partidos. O inmovilismo supón estancamento; o cambio, evolución.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Traballando. O resultado electoral non vai supoñer para min un cambio significativo, pois, sexa o que sexa, seguirei traballando para Silleda.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Por unha renovación integral da política municipal que derive en resultados apreciables, e non en logros aparentes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia