Os candidatos de Silleda á Alcaldía contestan as preguntas de FARO: Ignacio Maril Pardo, do PP.

Por que está vostede en política?

Sempre colaborei cos colectivos e nas actividades do meu concello, e a política é a única maneira de cambiar as cousas inxustas que acontecen agora en Silleda e non merecemos. Ten que ser traballo, respecto e servizo aos veciños.

Por que deberían votalo os seus veciños?

Porque é preciso un cambio, e nós somos un grupo de xente honrada, cercana, transparente e sen favoritismos, con ganas de traballar e ideas innovadoras pero realista para que Silleda recupere a luz perdida.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Coa responsabilidade de levar a cabo o noso plan para que o Concello funcione mellor sen importar as cores políticas.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Por dotar de mellores servicios o rural e aproveitar os recursos para darlle un impulso aos dous núcleos urbanos con novos espazos que sirvan de punto de unión para todos.