18 de mayo de 2019
18.05.2019
O TEST AOS CANDIDATOS DE SILLEDA

Cuíña: "Debemos ser referente; sempre foi e terá que seguir sendo un luxo vivir en Silleda"

Manuel Cuíña Fernández, candidato do PSOE

18.05.2019 | 06:15
Reencontro coa infancia | No Centro Cultural Vista Alegre, onde eu iniciei os meus estudos. Aquí fixen parvulitos, primeiro, segundo e quinto de EXB. Anos despois, xa como concelleiro de Cultura, volvinme encontrar coa antigua escola, que tornara nun moderno e dinámico centro rexido por xentes con ganas de facer cousas polo pobo. Foi un fermoso e emocionante reencontro.

Os candidatos de Silleda á Alcaldía contestan as preguntas de FARO: Manuel Cuíña Fernández, do PSOE.

Por que está vostede en política?

A nosa querida Silleda esmorecía, e un grupo de veciños sen máis ansias que darlle un futuro ao noso pobo decidimos dar un paso ao frente e iniciar este proxecto que xa leva doce anos cun resultado positivo grazas ó empuxe, esforzo e colaboración de todos os veciños/as.

Por que deberían votalo os seus veciños?

Aínda que avanzamos moito, temos retos importantes, como modernizar os nosos cascos urbanos e darlle máis e mellores servizos ao rural.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Estarei no meu despacho, un día máis para seguir traballando polo meu Concello.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Ten que pasar ineludeblemente por ser unha referencia no centro de Galicia na agricultura, no turismo na educación, na cultura... Sempre foi e terá que seguir sendo un luxo vivir en Silleda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia