Os candidatos de Silleda á Alcaldía contestan as preguntas de FARO: Ana Rosa 'Tania' Cornado Molina, do BNG.

Por que está vostede en política?

Para encauzar a miña rebeldía contra as inxustizas.

Por que deberían votala os seus veciños?

Porque nos avala un traballo serio, honesto e o estar ao lado da nosa veciñanza cando as súas reivindicacións ante a administración local son xustas e por facer propostas rigurosas a prol da cidadanía.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

A nivel político véxome no lugar que decida a cidadanía co seu voto. No persoal, facendo a miña vida diaria.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Silleda é un concello rural aqueixado dos mesmos problemas que o resto, vai esmorecendo e é preciso revertelo. Deberían ser Estado ou Xunta quen fixeran esta labor. Hai que reactivar e diversificar a produción no rural con todas as garantías sanitarias e facer políticas de concienciación na poboación das vilas para que consuman produtos de temporada e de proximidade.