A Radio Galega emitirá hoxe, polo Día das Letras Galegas, os podcasts dos centros premiados nun concurso convocado pola Consellería de Educación para os participantes no programa Radio na Biblio ou que teñen unha emisora escolar. Entre os gañadores están os CEIP Ramón de Valenzuela, co seu podcast Alto dos Xenerais, e Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, baixo o título A lenda de Florida.

Recibíronse 107 traballos de 64 centros educativos e foron galardoados oito nas diferentes modalidades. Recibirán 1.000 euros destinados a melloras de equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio que deberán quedar vinculado á biblioteca. Os traballos premiados tamén serán difundidos na páxina web da Radio Galega e na canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas hoxe con gañadores na programación especial desta emisora.