Por que está vostede en política?

Porque no seu día me animou a facelo o meu amigo Ismael Martínez Neira. A miña preocupación foi ofrecer aos nosos veciños novos servizos e equipamentos públicos que contribuísen a un maior benestar colectivo.

Por que deberían votalo os seus veciños?

Ofrecemos unha opción política estable, comprometida coa consecución de servizos e infraestruturas, primando o benestar social, ao tempo que mantemos a estabilidade orzamentaria con vistas a garantir a inversión de futuro. Presentamos como aval unha xestión económica eficaz e a consecución de importantes equipamentos públicos no rural e servizos.

Onde se vai vostede despois do 26-M?

Gustaríame continuar para concluír proxectos como o polígono industrial público ou o centro de día.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Igual ca moitos municipios, temos que loitar contra o despoboamento e implicarnos co tecido empresarial para asentar poboación.