O centro social da terceira idade de Agolada acolle hoxe, así como os días 23 e 30 deste mes, un taller de relaxación, dirixido a mulleres de todas as idades. As clases comezan ás 20.00 horas e serán impartidas por Ana María Amorín. Para máis información, hai que chamar ao número de teléfono 665 474 802. A asistencia é gratis. Ademais, este centro social acolle os días 21 e 28 deste mes, así como o 4 de xuño, un coloquio-taller, tamén gratuito, sobre o benestar personal. Será a cargo da psicóloga hadriana Ordóñez Outeiro. O horario apra persoas maiores será ás 17.00 horas, mentres que o de adolescentes e adultos está marcado para as 20.00. O citado número de teléfono móvil ofrecerá máis datos sobre a iniciativa.