Pregunta. Por que está vostede en política?

Resposta. Fundei o partido político porque era evidente que é de extrema necesidade democratizar a sociedade, que o pobo pode elixir despois das votacións tamén o seu futuro en votación popular.

P. Por que deberían votalo os seus veciños?

R. Porque non somos coma os outros, diferenciámonos en que queremos darlle ao pobo a palabra nas cousas máis importantes que lle concernen. Entendemos que un político non pode enganar ao pobo con falsas promesas, de aí que os nosos programas van con acta notarial.

P. Onde se ve vostede despois do 26-M?

R. Despois do 26 de maio, véxome gobernando o Concello de Agolada, entendemos que é moi necesario este cambio, ou o Concello desaparecerá.

P. Por onde pasa o futuro do seu concello?

R. Daremos un volco de 180 graos na política de Agolada, traeremos emprego, os traballadores municipais cobrarán soldos dignos e será unha auténtica democracia. Sempre en harmonía tanto con nosos votantes coma cos que non o son. Despois de tanto asoballamento, faremos que Agolada saia da penumbra.