A Asociación Cultural Grela do Deza é a encargada, xunto coa plataforma Queremos Galego, de convocar e organizar a manifestación do Día das Letras Galegas na comarca, que terá lugar mañá ás 12:00 horas na Praza da Igrexa de Lalín. Será o primeiro acto público que leva a cabo a asociación presidida por Ariadna Fernández, que lerá o manifesto en defensa da lingua galega; tamén se procederá á lectura de fragmentos da obra de Antonio Fraguas, homenaxeado este ano polo 17 de maio. A Grela invita á participación nun acto en defensa da lingua e da cultura galega e chama á movilización das diferentes asociacións, organizacións e colectivos que queiran sumarse ao acto, ademáis de todas aquelas persoas que queiran unirse a título persoal.