Pregunta. Por qué está vostede en política?

Resposta. Porque é o único instrumento do que dispoñemos en democracia para transformar a vida das persoas, así o cre o noso equipo.

P. Por qué deberían votalo os seus vecinos?

R. Levamos catro anos sen orzamentos, afógase a impostos aos gandeiros, non se atenden aos dependentes e a xuventude non ten onde traballar, o difícil sería non cuestionarse a actuación do goberno. O intelixente é cambiar de rumbo e de políticas, por iso, cremos que somos a alternativa e voto útil.

P. Ónde se ve vostedes despois do 26-M?

R. Cunha responsabilidade engadida, seguro. Encantaríanos que o noso labor fose o de xestionar o Concello, traballamos con ese fin. A ilusión que está xerando este proxecto fainos pensar que os veciños confiarán en nós para tal cometido.

P. Por onde pasa o futuro do seu concello?

R. Pola capacidade de traballo dun colectivo como o nosoo, con veciños que senten Rodeiro e loitan pola súa supervivencia.