Pregunta. Por qué está vostede en política?

Resposta. Desde sempre me interesou a política, sobre todo desde a miña época universitaria. Logo tiven o empuxón dun amigo, Fafián, para dar o salto á política local.

P. Por qué deberían votalo os seus vecinos?

R.Somos unha xente que cumprimos a palabra dada. Mostra delo é a execución de proxectos que eran impensables hai un par de anos. Desde a cercanía, escoitando absolutamente a todos os veciños, independentemente da ideoloxía política.

P. Ónde se ve vostedes despois do 26-M

R. Sendo alcalde, aínda que en política sempre hai que ser prudentes, e traballando desde o minuto un.

P. Por onde pasa o futuro do seu concello?

R. Hai que empezar dos máis pequenos ata os maiores, con servizos de calidade suprema aos nenos, conciliación de excelencia na idade escolar, seguir articulando medidas para que os xóvenes se queden a vivir do campo e co remate do edificio polivalente para aglutinar a atención total aos maiores.