Porque son nacionalista, milito no BNG dende os 14 anos e política é unha ferramenta para transformar e mellorar a vida da xente. Nestes catro anos fixemos cambios importantes pero quedan outros moitos por facer, e iso so se consegue da man da xente.

Por tres motivos, principalmente: Polo traballo feito nestes anos, porque temos a candidatura máis potente e solvente e un proxecto claro de futuro para Lalín. Se fixemos o que fixemos cun so concelleiro, imaxinade o que podemos facer se os veciños nos dan o apoio maioritario.

Traballando por Lalín dende onde decidan os veciños/as. Evidentemente, aspiramos a todo.

Por un concello pensado para as persoas, para vivir e traballar xerando emprego, facendo unha revolución no rural como propoñemos, un concello feminista, sustentable, participativo e democrático.