O centro cultural Manuel Lamazares, de Rodeiro, conmemora o Día das Letras Galegas coa representación da peza Antón Fraguas no bosque da moura, a cargo do grupo Iseo A Moura. A función será o xoves, día 16, ás 11.00 horas. O pase está organizado dende a Concellería de Cultura de Rodeiro.