O Colectivo Baluarte dos Pendellos recibirá hoxe en Agolada a unha notable representación da Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva). Durante a visita desenvolverase un programa de distintas actividades. Está previsto que cheguen a Agolada ás 11:00 horas e seguidamente, terá lugar una visita guiada polo recinto emblemático dos Pendellos, xa que veñen co ánimo de coñecer a súa arquitectura e o seu significado.

Ás 12:45 horas terá lugar unha asemblea aberta colectiva no entorno dos Pendellos. Despois, sobre as 14:00 horas haberá un xantar. Pola tarde, ás 16:30 horas farán una visita ao castelo de Pambre, guiada por Francisco Pardo Teijeiro, presidente do Instituto de Estudos da Ulloa. Finalmente, ás 18:30 horas realizarán o roteiro do Sobreiral do Arnego.