O programa turístico e promocional Goza do Ulla 2019 inclúe este ano vinte rutas a desenvolver entre o 5 de maio e o 2 de novembro. Nas bisbarras esta iniciativa chega a Agolada, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada. O consistorio agoladés acolleu onte a presentación de todas as novidades, con asistencia de representantes dos vinte municipios participantes.

A primeira cita na zona será en Agolada o 10 de agosto a través do Sobreiral do Arnego e terá un traxecto de oito quilómetros. A seguinte será o 21 de setembro en A Estrada, a ruta Os sons do Ulla, de doce quilómetros de longo. O 12 de outubro chegará o percorrido por terras de Silleda, de dez quilómetros, desde a praia fluvial de Cira ata o Couto do Castro, en A Estrada. Por último, en Vila de Cruces terá lugar, o 27 de outubre, unha comprendida entre a parroquia de Ollares e Ponte Basebe, cunha lonxitude de oito quilómetros.

Ademais dos concellos das dúas comarcas, participan os de Monterroso (que abrirá as rutas o 5 de maio), Palas de Rei (18 de maio), Vilagarcía de Arousa (25 de maio), Dodro (8 de xuño), Boqueixón (29 de xuño), Vedra (4 de agosto), Pontecesures (1 de setembro), Valga (7 de setembro), Teo (8 de setembro), Antas de Ulla (15 de setembro), Arzúa (28 de setembro), Padrón (5 de outubro), Catoira (6 de outubro), Santiso (19 de otubro), Touro (26 de outubro) e Rianxo, que acollerá a derradeira, o 2 de novembro.

Os interesados poderán obter máis datos nas oficinas de información turísticas dos municipios participantes, a través do correo electrónico gozadoulla@gmail.com ou do seu perfil en Facebook.