03 de abril de 2019
03.04.2019
Faro de Vigo

Xuntanza dos alumnos do Instituto Laboral

Medio cento de excompañeiros de bacharelato agrícola-gandeiro do Ramón María Aller danse cita en torno a un cocido para lembrar os tempos en que compartían aula e diversión hai medio século

03.04.2019 | 02:05
Participantes no reencontro. // Daniel González Alén

Medio centenar de alumnos do Instituto Laboral Ramón María Aller Ulloa, de Lalín, mantiveron a pasada fin de semana unha xuntanza ao redor dun cocido para lembrar os tempos en que compartían aula e diversión hai agora cincuenta anos. Os comensais foron todos compañeiros cando cursaban o bacharelato na modalidade agrícola-gandeira que impartía o centro antes de se converter no actual IES Ramón Mª Aller Ulloa e cambiar o seu emprazamento da Avenida de Buenos Aires para a zona escolar de Pena Toares.

Da organización desta primeira xuntanza á que asistiron antigos alumnos dos seis concellos dezaos que agora se atopan en diversas localidades, mesmo fóra de Galicia, encargáronse Xosé González Arias e Luís Nistal Riádigos. Aínda que a maioría dos asistentes pertencían ás promocións dos anos 1969 e 1970, tamén había algún alumnos pertencentes a outras xeracións anteriores. Agardan os organizadores que a xuntanza teña continuidade en anos sucesivos coa participación das primeiras promocións que pasaron polo centro dende o ano 1954, en que fora inaugurado. Mesmo barallan a posibilidade de que o ano vindeiro se poida contar coas mulleres, que, a partir do ano 1965, cursaron aquí o bacharelato, cando o instituto pasara a ser de Ensino Técnico na modalidade administrativa. Tamén se baralla a posibilidade de que a xuntanza inclúa máis actividades que o xantar do cocido, que nesta ocasión se degustou no restaurante La Molinera, de Lalín, nun grande ambiente de camaradería e ledicia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia