Tres meses e medio despois do pasamento de Luis Reimóndez Ferández, a Fundación Xosé Neira Vilas escolleu o seu sucesor como presidente. Será Fernando Redondo Neira, profesor universitario e sobriño do escritor cruceño.

A nivel profesional, Redondo Neira imparte clases na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Está doutorado en Ciencias da Información pola USC e ademais é especialista en comunicación audiovisual e cinema. Ademais, tén recibido diversos recoñecementos a escala literaria, como o premio Ramón Piñeiro de Ensario pola obra Os amorodos de Bergman, que se editará esta primavera, así como o Manuel Reimóndez Portela de Xornalismoa da Estrada e o II Premio María Luz morales de ensaio sobre audiovisual, na categoría de audiovisual inernacional. Redondo Neira xa recibira este mesmo galardón na edición de 2007 cando dependía da Axencia Galega do Audiovisual.

Redondo Neira tén 47 anos e tén as súas raíces moi preto de Gres, a sede da Fundación. É natural de Camporrapado, do concello veciño de Boqueixón. Dende moi novo mantivo un grnde apego con Neira Vilas, incluso antes de que este voltara a Galicia coa súa dona, Anisia Miranda. Por iso, deixou claro onte nunha carta dirixida aos demais membros do Padroado na que presentaba a súa candidatura que o seu desexo é "traballar a prol da promoción e a difusión da ora de Neira Vilas, a defensa do seu lehado e o de Anisia Miranda, e agora tamén o de Luis Reimóndez".

Centro cultural

Redondo Neira tamén tén claro que a sede da Fundación tén que seguir sendo o centro cultural de Gres, tal e como o chamaba o autor de Memorias dun neno labrego. Non en van, o inmoble tiña aberta a súa biblioteca aos máis novos da parroquia e das aldeas veciñas. Redondo Neira adiantou que a entidade vai seuir mantendo actividades como os premios literarios ou a participación en eventos de interse cos que manter sempre viva a obra e a memoria do escritor cruceño.

Na xuntanza de onte do padroado en Gres participaron tamén, presencialmente ou delegando o seu voto, o alcalde de Vila de Cruces e vicepresidente, Jesús Otero; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación do conselleiro de Cultura; así como os demais membros do padroado: José Antonio Santos; Pilar Sampedro; José Antonio Pena; Xosé Vizoso; Miguel Anxo Fernán-Vello; Cesáreo Sánchez; Rosario Golmar; Alfredo Rodriguez; Beatriz Iglesias; Rosalía Morlán; Juan Andrés Fernández; Henrique Neira e Xosé Manuel Lobato. Semanas atrás, o padroado incorporou cinco novos membros e en 2018 celebrou os 25 anos da posta en marcha da entidade, na casa natal de Neira Vilas.