31 de marzo de 2019
31.03.2019

Doade xa presume dun encanto máis

Inaugura na praza da igrexa o monolito que a distingue como Aldea Singular

31.03.2019 | 04:39
Veciños, membros do goberno e o párroco posan xunto ao monolito e sosteñen a bandeira de Lalín. // FDV

Ariadna Moreno Baldonedo tén dous anos, e Dolores Varela González, 92. Son o futuro e a experiencia. Teñen en común que viven en Doade e que, ademais, foron as encargadas de descubrir onte o monolito que a distingue como Aldea Singular 2019. Este recoñecemento, que se entregou de xeito oficial o pasado 24 de febreiro durante a Feira do Cocido, supón un investimento de 15.000 euros en diversas obras para o beneficio da veciñanza.

"Temos moita sorte, porque somos poucos en poboación, pero moi ben avidos". Así de orgullosa se manifestaba onte a pedánea de Doade e presidenta tamén da asociaicón O Croio, Amparo Blanco Varela, trala inauguración do monolito que desde onte loce na praza da igrexa de San Pedro e que lembrará, a visitantes e veciños, que Doade recibiu neste 2019 a distinción de Aldea Singular polo seu traballo en prol da conservación do patrimonio e polas súas iiciativas de impulso económico e integración veciñal.

Case medio cento de veciños, así como membros do goberno e o párroco José Antonio Salgado, acudiron ao acto de colocación do monolito. Blanco, durante o seu discurso, agradeceu o recoñecemento en nome de todos os veciños e pediu tamén que se leven a bo porto as obras que se van levar a cabo mediante un investimento de 15.000 euro, que é a materialización de dito recoñecemento. Os traballos a acometer son a colocación de taboleiros informativos, a restauración da fonte do Barreriro, a limpeza da ruta de senderismo e a canaliación do manatial da fonte de San Pedro, para así permitir que aumente o seu caudal e poida dar máis suministro aos veciños.

No acto interviu tamén o alcalde, Rafael Cuíña. O rexedor deulle a noraboa a toda a veciñanza por esta disticiñon e animounos a seguir traballando a nivel parroquial e tamén cultural. Non en van, ademais do Museo Etnográfico Casa do Patrón, as escavacións no castro de Doade permitiron sacar á luz unha vivenda castrexa, unha parte moi importante da muralla e milleiros de pezas de gran valor arqueolóxico. Amparo Blanco adianta que este ano acometerase a sexta escavación, e haberña, por segunda vez, a Festa do Río, que terá lugar o 14 de xullo e que se celebra en colaboración coa parroquia lindeira de Vilanova. A pedánea engade que aproveitaron a presenza de Cuíña para demandarlle mantemento de pistas e tamén reformas no local social.

Doade forma xa parte dunha lista de aldeas singulares na que tamén figuran Soutolongo, Zobra e A Xesta. Onte encargáronse de descubrir o monolito, tapado por unha bandeira de Lalín, as vecias máis nova e de máis idade presentes no evento: a meniña Ariadna Moreno Baldonedo, de dous anos de idade, e Dolores Varela González, que suma xa 92.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia