A existencia do Castro de Doade podería remontarse ata un momento entre finais do século V e mediados do IV a.C., período de onde datarían os primeiros niveis de ocupación e a primeira fortificación. Así o revelan os resultados das análises de datación por radiocarbono recibidas recentemente dos laboratorios de Miami (EE UU), coa finalidade de dotar de cronoloxía absoluta ás campañas dos anos 2017 e 2018. Foron entregadas ao xerente da Casa do Patrón, Manuel Blanco Villar, por parte de los arqueólogos David Fernández Abella, xerente de Argos SAS SL, encargada das actuacións promovidas no xacemento pola asociación de amigos do citado museo nos últimos catro anos, e Fátima Sánchez Blanco, que tamén participou nos traballos. Puido tamén datarse a cronoloxía da construción dos dous fosos en rocha nai baleirados ata o momento, ambos prerromanos, procedentes de distintos momentos da vida do castro.