A axenda de Entroido de hoxe arranca ás 16.30 horas, no barrio lalinense da Cacharela. Un grpo de 15 Cachrelos enfariñarán e picarán con toxos aos que non vaia disfrazados, e tampouco faltarán a saída do boi e os xigantes. Os postres corren a cargo dos veciños.

En Silleda, ás 17.00 horas sae o desfile da Praza do Siñor Afranio, pasando por Avenida do Parque, rúa Pontevedra, María Colmeiro, Venezuela e Outeiro, para rematar na Praza Juan Salgueiro. Haberá 1.000 euros en premios e chocolatada

Agolada e Rodeiro

Tamén ás 17.00 horas comeza o desfile na Agolada, que parte do colexio e rematará na Praz do Concello, onde haberá pases, con gratificacións para os participantes. En Rodeiro, a comitiva arranca ás 17.30 horas da Avenida Gumersindo Areán. O concurso de disfraces terá luhar ás 19.00 horas e estsblece tres premios para individuais e grupos, tanto na categoría infantil como na de adultos.