Cruces celebrará hoxe, ás 9:00 horas, o pleno extraordinario que solicitou a oposición, xa que leva anos agardando por unha reunión con responsables de Sanidade para intentar mellorar a situación das urxencias. Este pleno servirá para que o alcalde, Jesús Otero, lles explique as xestións que levou a cabo para reunirse co conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña. "Xusto o alcalde nos convoca para mañá para lavar a súa conciencia", indicou onte o nacionalista Xoán Blanco. Tamén exixen que se cubran os médicos de familia cando estes collan vacacións ou baixas laborais.