A asociación veciñal da parroquia de Laro festexa o Entroido o 5 de marzo. A partir das 17.00 horas haberá animación para todas as idades, e ás 19.00 está programado un concurso de máscaras, con premios sorpresa para os máis orixinais. Sobre as 20.00 horas comeza unha chocolatada, con degustación de doces caseiros típicos destas datas. Entre os veciños que colaboren na elaboración destes postres sortearase un tratamento de beleza na clínica de fisioterapia de Silleda, a elixir entre unha masaxe, unha limpeza facial ou unha sesión de presoterapia. Ademais, haberá un premio para o doce caseiro máis sabroso e baile para todos.