A novena edición da Carreira do Cocido bateu o récord de inscritos con 950 deportistas que se darán cita o vindeiro domingo na Avenida Luis González Taboada de Lalín. Retrotraéndonos aos datos dos últimos anos, o número de inscritos foi medrando dos 631 en 2014, aos 661 en 2015, dando paso a 864 (anterior récord en 2016), 612 en 2017, 777 ao ano seguinte e finalmente, 947 na actual edición. Así mesmo, este ano tamén se superou o récord de participación escolar, con 440 rapaces de ambos sexos. As probas deportivas iniciaranse ao redor das 11.00 horas co competición absoluta sobre un circuito de 10 quilómetros e outro curto de 5, á que seguirán o resto de categorías. A saída e a meta estarán emprazadas na Avenida Luis González Taboada e, ao igual que en anos anteriores, mantense a proba no centro da vila co obxectivo de atraer xente ao casco urbán lalinense. Os cartos da inscripción son unha doazón a Escola de Atletismo Deza.