Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Diego Rodríguez Ruiz: "É un orgullo acadar o 'Álvaro Cunqueiro' para uns xornalistas tan novos"

"Facer programas en Galicia e falar coa xente é máis doado que noutro sitio"

Diego Rodríguez posa nas oficinas de Setemedia.

O programa gastronómico "O mellor Cocido do Mundo", producido pola Televisión de Galicia e realizado pola empresa Setemedia Producciones Audiovisuales vén de proclamarse como a obra gañadora do XXV Premio de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro". O vigués Diego Rodríguez é o coordinador de contidos do espazo.

-Cales son as características de "O Mellor Cocido do Mundo?

-Trátase dun programa independente que forma parte dunha serie de espazos nos que se destacan varios productos gastronómicos. Tamén adicamos programas dunha duración dunha hora cada un ao percebe e aos callos, por exemplo, un pouco buscando o producto galego típico de toda a vida e saltando dun a outro. Fixemos casi trinta deles para o canle autonómico.

-Cando grabaron o programa adicado ao cocido?

-Grabámolo o ano pasado por estas datas máis ou menos. Lembro que emitiuse finalmente na Televisión de Galicia en febreiro de 2018. A grabación foi entre xaneiro e principios de febreiro.

-Estiveron noutros lugares de Galicia ademáis de en Lalín?

-Estivemos nas catro provincias galegas porque cando facemos un programa deste tipo procuramos facer un percorrido por toda Galicia para ver como se prepara de distintas formas o producto. Estivemos en Lalín, por suposto como non podía ser doutro xeito, pero tamén en Begonte, en Lugo, na Casa do Labrego, unha casa de comidas moi tradicional e moi enxebre que destaca por facer o cocido con botelo. Estivemos tamén por Ourense porque o cocido tamén, aparte de que se come ese día, fixemos canelóns de cocido e croquetas porque no cocido ten sempre que sobrar. En Pontevedra, aparte de Lalín, fumos ao San Blas porque porque é parte da festa o de encargar o cocido nos furanchos.

-Como foi a grabación no concello de Lalín para o programa?

-Aínda que eu non fun a grabar, sí foron as nosas reporterias, que estiveron no restaurante Cabanas con José Luis Iglesias e o seu fillo, que teñen unha historia bonita porque Álex estase introducindo na gastronomía pouco a pouco. Eles foron os que nos explicaron cales son os ingredientes do auténtico cocido de Lalín porque eles teñen a súa propia finca incluso cos seus propios grelos. Contáronnos o que supón tanto para eles como para todo Lalín o ese mes tan intenso no que a xente que vai comer a Lalín é cocido si ou si. Digamos que é a mellor época para pasar por alí e probar o plato tan lalinense. Semella que para eles iso é como unha auténtica relixión, a verdade.

-Supoño que facer en Galicia unha serie adicada a gastronomía é máis doado que noutros sitios?

-Por suposto. Eu sempre digo que facer programas en Galicia e falar coa xente de a pé é máis doado que noutra parte tanto sexa de comida como doutra teima. A xente, ao mellor tarda en coller confianza pero unha vez que a tes pois é fantástico. Eu non solo saír a grabar moito, pero as nosas reporteiras cando van voltan cheas de comer porque convídanas nas casas da xente que participa no programa. Cando grababan a unha señora facendo un cocido na súa casa, nin a reporteira nin tampouco o cámara marchaban dalí sin levar con eles o seu tupperware.

-Como valoran na productora o premio de xornalismo gastronómico da Feira do Cocido?

-Estamos encantados co "Álvaro Cunqueiro" polo seu prestixio no mundo da gastronomía. E vendo aos persoeiros que formaron o xurado, pois é unha grande satisfacción sobre todo para un grupo de xornalistas moi novos porque das reporterias ningunha chega aos trinta anos. É todo un orgullo.

Compartir el artículo

stats