O Concello de Vila de Cruces convoca o Concurso de Entroido 2019, do que pecha o prazo de inscripción o 5 de marzo ás 16.00 horas. Distribuirá, en total, 1.500 euros en premios, segundo as categorías. Así, en carrozas haberá un primeiro premio de 270 euros, un segundo de 150 e un terceiro de 95. En grupo senior, os tres galardóns serán de 170, 125 e 85, mentres que en grupo infantil son de 135, 95 e 65 euros. Para parella infantil o Concello establece tres retribucións de 50, 40 e 30euros, mentres qiue para individual senior serán de 40, 30 e 25 euros, asmesmas cuantías que pra individual infantil.

O desfile parte ás 17.5 horas do CEIP Nosa Señora da Piedade, e percorrerá as principais rúas do casco urbano. Rematará na Praza Juan Carlos I e, en caso de choiva, trasladarase ao pavillón de deportes. O xurado terá en conta tanto a orixinalidade do disfraz como a súa laboriosidade e a posta en escea da persoa ou persoas que o locen.