Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

José Ramón Diéguez Montes: "Ningún leite pasa á cadea alimentaria con antibióticos, xamais, é imposible"

"É o alimento más controlado en España e en Europa, que pasa tres exames diarios"

José Ramón Diéguez, onte en Silleda durante a charla. // Bernabé/Javier Lalín

A Casa da Cultura de Silleda foi o escenario onte pola mañá dunha charla sobre o presente e o futuro do uso responsable de antimicrobianos no vacún de leite. Estivo impartida por José Ramón Diéguez Montes, director técnico farmacéutico do departamento de produción animal de Delagro Sociedade Cooperativa. Á cita asistiu unha trintena de persoas.

-Na realidade dáse ese uso responsable?

-Si, de feito o vacún de leite é o sector produtivo que mellor fai as cousas, é dicir, non ten un uso excesivo de antibióticos, senón que ten o problema de usar unhas moléculas que se chaman crítica in humana, que significa que se van a utilizar en último recurso para curar aspectos por baterías multiresistentes en medición humana. O que quere o ministerio é reducir, dentro do posible, e usar prudentemente, ese tipo de moléculas.

-Foi en 2018 cando se restrinxiu en gran medida ese uso?

-Nós levamos varios anos xa con isto e agora o que están obrigados os veterinarios é, a través do Real Decreto 191, a indicarlles ás axencias todas as prescricións de antibióticos que fagan, esa é a única restrición. Todo o demais son consellos para que fagan un uso responsable de esas moléculas, que son as cefalosporinas de 3ª e 4ª xeneración e as quinolonas.

-Que consecuencias acarrea non facer un uso responsable deles?

-O uso de ese tipo de moléculas o que fai é aumentar as posibiliades de producir bacterias e que se fagan resistentes, polo que facendo un uso responsable evitamos a proliferación de ese tipo de bacterias.

-O vacún de leite é o sector onde menos se usan antibióticos, non?

-Si, hai que deixar claro que no vacún de leite non utilizamos excesivamente antibióticos, senón que se usan os xustos, pero temos dúas moléculas que son conflitivas, ou críticas para humana. Tamén quero destacar que o leite é o alimento, que eu coñezo, que pasa tres exames diarios: pasa un durante a recollida na explotación, pasa outro na industria láctea e o último, nos laboratorios. E non pasa ningún leite á cadea alimentaria con antibióticos, xamais, é imposible. O alimento máis controlado en España, e atrevereime a dicir en Europa, é o leite. O sector vacún, en xeral, tanto o de cebo como o de leite, consume en conxunto un 12% dos antibióticos,mentres que solo o de leite, supón entre un 2 e un 4% de antibióticos. No caso do porcino, ovino, caprino e avicultura consomen un 80% do antibiótico que se toma en España. Polo que insisto, en que o vacún de leite non ten un uso exceso de antibióticos, non ten que reducir, ten que usar esas moléculas críticas de forma responsable, esa é a mensaxe. Polo que é o sector que mellor fai as cousas a nivel terapéutico.

-Se a un animal se lle subministra un antibiótico, canto tempo hai que agardar para poder tomar o leite?

-Depende. Este tipo de moléculas ten un período de supresión cero, pero respéctanse escrupulosamente os tempos de supresión que é o tempo que ten que pasar entre que ti aplicas o antibiótico e xa non ten residuos o leite. Iso cumplese completamente, por iso os positivos de antibibióticos no leite son cero en Galicia e cero en España.

-As persoas que asistiron á charla tiñan moitas dúbidas sobre este tema?

-Existe unha pequena desinformación porque creen que os antibióticos son cousas prohibidas, pero non o están. O que se aconsella desde a Organización Mundial da Saúde e desde a FAO é facer un uso responsable deses antibióticos, non se exixe nada máis, non é restritivo e só usalos de maneira responsable con unha proba diagnóstica previa e como de segunda elección. Só que a xente escoita campás, e non sabe onde, escoita mil versións. Pero o certo é que o gandeiro de leite é o gandeiro que mellor fai as cousas neste país.

Compartir el artículo

stats