12 de febrero de 2019
12.02.2019

Unha historia que comeza nos tolos anos 20

12.02.2019 | 02:34

No ano 1920 o cura párroco de Moneixas, Andrés Cajide, xuntou un grupo de mozos do lugar para ensinarlles cousas elementais de música, educación da voz e aprendizaxe de instrumentos o que derivou na creación dun grupo de gaiteiros. O xérmolo dos Dezas estivo formado por José Benito, Darío, Amancio e Celso González, e Manoliño e Luis Portas. No ano 1933 actúan no San Froilán xunto cos Gaiteiros de Soutelo de Montes. Durante a Guerra Civil o grupo leva un duro golpe ao finar Amancio, mentres nese tempo Darío convértese nun virtuoso da gaita e Xosé Benito adícase aso arranxos e a compor obras coma "Marcha de Procesión". No 1963 coa morte de Darío e de Luis Portas remata a primera etapa do grupo. Dous anos despois os novos membros Ismael, Manolo de Laro, Mario (o fillo de Manoliño) e ocasionalmente Alfonso e Luis, irmáns de Mario, protagonizan a segunda etapa da formación. Desta volta a calidade acadada lévaos a actuar fora de Galicia, en Madrid, Valencia ou Asturias. Transcorre o ano 1974 cando morre Manoliño e no 1982 desaparecen definitivamente co pasamento de Laureano. Doce anos despois, no 1994, retornan totalmente renovados co apoio de Manolito de Pachín e Mario e Mario González desta volta co nome de Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas xunto o mestre Xavier Coya e dos seus fillos Roberto e Rita. No ano 1995 fan a súa primeira actuación na Feira do Cocido e, a partires de aí, con ata 52 membros que chegaron a ser tocaron tanto no país como en outras partes de Europa. Na actualidade conta con 25 membros cunha escola para cativos, festexando este ano os 25 anos da terceira etapa dos Dezas de Moneixas. José Benito foi o gran compositor da formación musical dezá. Hai hoxe centro trece anos que nacía en Moneixas un home que chegou a inspirar ata o grupo Milladoiro. A súa neta, Carmen Baldonedo, aínda lembra a satisfacción que tivo José Benito cando veu actuar en Lalín ao famoso grupo galego interpretando a popular "Marcha de Procesión". Benito foi o máis vello de oito irmáns que pasados os anos se converterían nunha das sagas musicais máis sobranceiras de Galicia. Finou o 23 de febreiro de 1990 na súa casa de Moneixas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia