A quinta edición de Cantos de Taberna lembrará este ano a figura senlleira de José Benito González e ao seu grupo Os Dezas de Moneixas. O vindeiro sábado 23 de febreiro as rúas máis céntricas de Lalín encheránse de música tradicional na honra dunha das formacións musicais máis renombradas da bisbarra dezá. En total serán nove formacións, incluidos os propios Dezas de Moneixas, os que fagan un percorrido que arrincará ás 19.00 horas en dúas rutas distintas. Trátase das pandereteiras Ponte da Prata, Varacuncas, Maruxeiras, Feitizo de Pau, Cotovias, Os do Trece, Asociación Fiadeira, Tokaide e o grupo homenaxeado. Todos eles repartiránse polo centro do casco urbán de Lalín para ofrecer a súa música en establecementos como Rosaleda, Alfonselle, O Picoteo, A Bodeguilla, O Polo, Alola, Barracón, Taberna de Matelo ou O Garota.

No primeiro roteiro os Varacuncas estarán ás 19.00 horas na Rosaleda, ás 19.40 horas no Alfonselle, ás 20.20 horas no Picoteo, ás 21.00 horas na Bodeguilla e ás 21.40 horas no Polo. Do mesmo xeito, as Pandereteiras tocarán na Rosaleda ás 21.40 horas, no Alfonselle ás 19.00 horas, no Picoteo ás 19.40 horas, na Bodeguilla ás 20.20 horas e no Polo ás 21.00 horas. Tamén actuarán as Maruxeiras co seguinte horario: ás 21.00 horas na Rosaleda, ás 21.40 horas no Alfonselle, ás 19.00 horas no Picoteo, ás 19.40 horas na Bodeguilla e ás 20.20 horas no Polo. Mentras tanto, Feitizo de Pau tocará ás 20.20 horas na Rosaleda, ás 21.00 horas no Alfonselle, ás 21.40 horas no Picoteo, ás 19.00 horas na Bodeguilla e ás 19.40 horas no Polo. Cotovias pechará este percorrido ás 19.40 horas na Rosaleda, ás 20.20 horas no Alfonselle, ás 21.00 horas no Picoteo, ás 21.40 horas na Bodeguilla e ás 19.00 horas no Polo.

O segundo roteiro de Cantos de Taberna comeza cos Alola ás 19.00 horas no Alola e seguirán ás 19.50 horas no Barracón, ás 20.35 horas na Taberna de Matelo e ás 21.30 horas no Garota. Os compoñentes da Asociación Fiadeira estarán ás 21.30 horas no Alola, ás 19.00 horas no Barracón, ás 19.50 horas na Taberna de Matelo e ás 20.35 horas no Garota. Tokaide actuará ás 20.35 horas no Alola, ás 21.30 horas no Barracón, ás 19.00 horas na Taberna de Matelo e ás 19.50 horas no Garota. E, por último, Os Dezas de Moneixas estarán ás 19.50 horas no Alola, ás 20.35 horas no Barracón, ás 21.30 horas na Taberna de Matelo e ás 19.30 horas no Garota.

A organización da cuarta edición dos Cantos de Taberna de Lalín ten previsto unha concorrida cea e unha foliada final ao remate das distintas actuacións na rúa Rosalía de Castro da capital dezá.