Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Jesús Sánchez Mosteiro: "Gustaríanos ter en marcha a residencia da terceira idade, que é fundamental"

"O goberno de Agolada está estancado no poder vago do pasado e lonxe da realidade"

Jesús Sánchez, xunto as súas compañeiras de partido, durante unha sesión plenaria. // Bernabé/Javier Lalín

Jesús Sánchez Mosteiro é o portavoz da oposición de Agolada. Esta é a súa primeira lexislatura e comezou na lista de Veciños por Agolada, pero foi no 2017 cando os tres concelleiros non adscritos decidiron formar parte de Compromiso por Galicia

-Como definiría estes catro anos na oposición de Agolada?

-A verdade que foi un reto a nivel persoal e estamos nun inmerso proceso continuado de aprendizaxe e coa ilusión intacta como o primeiro día desde que empezamos e facendo algo no que realmente me gusta moito, como é a política municipal.

-Cal foi a súa maior achega?

-É complicado desde o punto de vista da oposición quitar iniciativas para diante, cando estás na oposición, senón tes unha maioría é moi difícil. O único que podes facer é intentar velar polo benestar de todos os veciños do concello, colaborando co que poidas aportar ao municipio, cos que gobernan. É dicir, intentar facer unha crítica construtiva e apoiar en todo, na medida do posible, o que sexa o máis importante para o pobo.

-Así a súa máxima contribución sería estar de lado dos veciños?

-Si, pero tamén por exemplo, co tema do IBI das explotacións gandeiras, que fomos nós os primeiros en presentalo a través dunha moción, aínda que nun principio nolo votaron en contra, e despois rectificaron. Pero si a maior achega que fai a oposición é iso estar un pouco ao control das cousas e mirar polo benestar de todos e intentar facer unha crítica construtiva e intentar mellorar na medida do posible.

-Os veciños achegánse a vostedes para reclamar?

-Si. Ademais, eu no meu caso, persoalmente, recorrín varias parroquias e moitas preguntas que levamos ao pleno ían nese sentido. Se sabiamos que había unha deficiencia nun centro social, nunha estrada... faciamos o posible para que contestaran no pleno e tiveran constancia diso e tratar de arreglalo.

-Se dependerá do seu partido, que lles gustaría levar a cabo?

-A mellora da calidade dos servizos desde un punto de vista sociosanitario, por exemplo, que no centro de saúde houbese máis especialistas e que o pediatra viñese máis días. Nesta lexislatura gustaríame conseguir a posta en marcha definitiva da residencia da terceira idade, porque para Agolada é fundamental. Tamén nos gustaría crear un plan turístico, porque carecemos dun, e que vaia máis alá dos Pendellos, coas igrexas, Sobreiral do Arnego, as rutas de senderismo, as torrentes de Ramil... Tamén, crear un albergue municipal, moi demandado. E o que vemos moi importante é dotar de máis capital as diferenes asociacións culturais e deportivas porque eles son os embaixadores de Agolada e creo que se lle debería aportar máis medios e capital para a súa actividade, e por suposto, frear o despoboamento do rural e levar a cabo a decretación definitiva dos procesos de concentración parcelaria.

-Que critica do actual goberno?

-A pasividade, a conformidade e incluso, a desidia á hora de afrontar os distintos retos que se presentan. Véxoos como moi estancados no poder, nese poder vago do pasado e afastados da realidade e necesidades dos veciños.

Compartir el artículo

stats