14 de enero de 2019
14.01.2019

O Aller Ulloa convoca o seu VIII Concurso Verso en Lúas

Aberto a alumnos de 1º a 4º de ESO e de FP Básica, o certame establece dous primeiros premios de 50 euros
Os traballos serán entregados antes do vindeiro 25 de febreiro

14.01.2019 | 13:03
Os gañadores da anterior edición do concurso de creación.

Os Departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística do IES Ramón María Aller Ulloa convocan o VIII Concurso de Creación Verso en Lúas. Poderán participar os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e Formación Profesional Básica; e, fóra de concurso, calquera membro da comunidade educativa pode presentar os seus traballos. Inglés, galego ou castelán son os idiomas permitidos.

Nas bases da convocatoria establécense dous primeiros premios de 50 euros. Os traballos serán entregados antes do 25 de febreiro de 2019. O xurado do concurso estará composto por membros dos departamentos convocantes, e valorará a orixinalidade da presentación e dos contidos.

Pódense entregar dous tipos de traballo: unha portada orixinal, ilustrada, sobre un texto literario, propio ou alleo; ou unha proposta de poesía visual. O alumno elixirá libremente a forma do seu traballo, coa única condición de que inclúa un fragmento dun texto literario, propio ou alleo. No caso de que sexa alleo, debe figurar claramente o nome do autor. Non se admitirán traballos con contidos ofensivos, tal como recollen as bases.

No caso da primeira opción, o alumno presentará a portada dun libro, na que figure o título da obra e o autor. Suxírese o uso de cartulina tamaño folio. A portada incluirá ilustracións, orixinais e propias. O traballo poderá incluir un fragmento do texto escollido, un resumo do mesmo ou ben un texto literario propio que se inspire no manual escollido. No caso da categoría de poesía visual, o formato é libre.

Ante calquera dúbida, os alumnos poden dirixirse ós xefes de departamento de inglés, castelán ou normalización lingüística.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia