14 de enero de 2019
14.01.2019

Cerdedo-Cotobade abre as Letras Galegas 2019

Acolle unha homenaxe ao seu fillo predilecto e autor a quen se adica a data, Antón Fraguas Fraguas

14.01.2019 | 01:30

O Concello de Cerdedo-Cotobade abríu a celebración das Letras Galegas 2019, adicadas ao escritor, historiador, etnógrafo e fillo predilecto destas terras, Antón Fraguas Fraguas. Fixoo cunha homenaxe na súa casa do lugar de Insuela, na parroquia cotobadesa de Loureiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa nun acto ao que asistiron numerosos veciños. A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, inaugurou así a programación das Letras Galegas. O presidente municipal reivindicou a Fraguas como "unha figura indiscutible e fundamental da cultura galega do século XX".

A casa natal de Antón Fraguas Fraguas, no lugar de Insuela, na parroquia cotobadesa de Loureiro, acolleu a apertura da celebración das Letras Galegas 2019, adicadas a este escritor, historiador, etnógrafo e fillo predilecto destas terras.Ao acto asistiron o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, ademais de Jorge Cubela, presidente do Concello de Cercedo-Cotobade; Xosé Leal, delegado provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra; Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Xusto Beramendi, presidente da Fundación Fraguas; Carolina Martínez, filla do sobriño de Antonio Fraguas e propietaria da vivenda, e María Regina Sobral Fraguas, concelleira do grupo municipal socialista.

O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que o Concello, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), a Fundación Fraguas e as demais institucións, "traballará arreo neste ano 2019 para que todas as galegas e galegos coñezan a recoñezan a vida, obra e o legado de Antón Fraguas, que é sen dúbida unha figura indiscutible e fundamental da cultura galega do século XX".

O evento contou coa presenza de máis de 200 persoas, que ateigaron a eira e a contorna desta vivenda, na que, tras as quendas de intervencións, descubriuse unha placa conmemorativa no balcón do primeiro andar. "Son un galeguista convencido e, dende esta convicción, síntome honrado e emocionado de que Antón Fraguas sexa merecente de ser o persoeiro homenaxeado polas Letras Galegas", comezou Cubela, que lembrou o traballo feito estes anos para poñer en valor a súa traxectoria e advertíu de que Cerdedo-Cotobade "vai aproveitar ao máximo todo o ano e vai poñer o seu gran de area para que teñamos unhas grandes Letras Galegas 2019 que cheguen aos cativos, á xente, á rúa, a todos os recunchos do país coas ensinanzas que nos deixou don Antonio".

"É moi importante que hoxe, 13 de xaneiro, nesta casa de Insuela nazan as Letras Galegas 2019 como hai 114 anos naceu Antón Fraguas", concluiu, antes de agradecer a presenza e apoio da familia, da Xunta, da RAG, da Fundación Fraguas, da Deputación de Pontevedra, do Museo do Pobo Galego, do Concello de Santiago e da corporación municipal. Tamén interviron Xosé Martínez, sobriño de Fraguas, que agradeceu esta homenaxe brindada polo Concello; o presidente da Fundación Fraguas, Xusto Beramendi, que contou algunha anécdota e destacou "o legado que Fraguas deixou para as seguintes xeracións"; e o deputado delegado de Cultura, Xosé Leal, que puxo en valor todos os fitos que acadou "loitando contra as circunstancias, amosando o orgullo de ser un rapaz de aldea e superando as dificultades da represión e as inxustizas do franquismo". Regina Sobral Fraguas tamén salientou o orgullo que supón para este concello a figura de Antón Fraguas e a celebración das Letras Galegas na súa honra.

Pola súa banda, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, agradeceu ao Concello e a Cubela que iniciaran tan cedo a programación das Letras Galegas 2019 "xa que trátase dunha cuestión que debemos ter presente todo o ano" e destacou que esta iniciativa "é un auténtico fenómeno social concibido como a gran festa da cultura do país".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia