Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Román Santalla Agra: "A nosa aposta máis grande foi mellorar o prezo do leite"

"A gasolineira de Silleda supón un retorno económico para os socios"

Román Santalla, nunha asemblea de Cobideza. // Bernabé/Gutier

Neste 2019, a cooperativa Cobideza cumpre 25 anos. A entidade tén a súa orixe na Asociación de Gandeiros da Bisbarra do Deza, creada a finais dos anos 80 tras unha escisión de Aprodeza. En 1990 e tras unha progunda cride que motivou a demisión da xunta rectora, Román Santalla lidera un equipo á fronte do colectivo, e tras outras rectoras anuais, volve ocuparse da entidade en 1994. Dende entón, revalidou a presidencia de forma ininterrumpida.

-¿Por que decidiron dar o paso de asociación a cooperativa?

-Decidimos pasar a ser a Cooperativa da Bisbarra de Deza porque a asociación medrara moito e tiña dificultades para liderar proxectos. Ademais, neses momentos as cooperativas estaban fortalecéndose en termos de subvencións.

-¿Como foi a evolución da cooperativa nestes 25 anos? ¿Cambiaron as demandas e as necesidades dos socios durante este tempo?

-Penso que foi positiva. Agora mesmo temos uns 300 socios activos, porque a diferenza doutras entidades, nós non mantemos membros que xa non teñan explotacións abertas. Penso que unha cooperativa é sempre unha punta de lanza, unha fortaleza para que un gandeiro poida negociar o prezo do leite, por exemplo. Pero tamén é certo que os servizos que ofrecemos (maquinaria, fitosanitarios, asesoramento veterinario), lles permite a cada socio facer uns orzamentos para chegar a finais de ano, ter asegurado un porvir.No caso de Cobideza, a nosa aposta máis grande foi cobrar o leite cru ao mellor prezo posible.

-De feito, Codebiza foi das primeiras cooperativas en ter un contrato leiteiro estable, trala desaparición das cotas lácteas en 2015.

-Certo. Fomos das primeiras en asinar contratos por un ano, porque apostamos non tanto por cobrar máis que outros, senón por saber cándo ía cobrar cada gandeiro e ter garantido que ía ser cada final de mes. Isto xera confianza mutua cos nosos gandeiros, porque saben a quén lle vendemos o leite. Na actualidade, entregámoslle a Reny Picot 50 millóns de litros de leite ao ano, que veñen sendo uns 4 millóns cada mes.

-¿Houbo algún problema nestres tres anos de producción libre?

-Non, ningún socio deixou de producir o que quixo, ainda que houbo tamén outros que preferiron recortar a producción para así reducir custos.

-Agora que fala de custos e prezos, o sector agrogandeiro sofre unha crise que vén de moito máis atrás da recesión económica de 2007. ¿Que medidas hai que tomar, ou que se pode facer dende as cooperativas?

-A nosa prioridade agora está en recuperar os prezos dos alimentos que producimos, porque están ao nivel de fai 30 anos, mentres que os custos de producción se dispararon. Tamén temos que ir readaptándonos ás novas necesidades da sociedade e convencela de que estamos facendo as cousas ben e que a xente do rural temos unha profunda concienciación sobre o cambio climático e o coidado medioambiental.

-Por certo, ¿aumentou a presenza feminina en Cobideza, como resultado do papel da muller no agro?

-A muller é a columna vertebral de Cobideza, porque nalgún momento o 60% dos socios eran mulleres, xa que os seus maridos traballaban noutro sector ou fóra. Ademais, o 50% da nosa plantilla (en torno a medio cento de persoas) son mulleres, e o 90% de postos da queixería está ocupado tamén por mulleres.

-A queixería e a gasolineira foron uns dos servizos máis recentes que puxo en marcha a cooperativa. ¿Como os valora?

-A queixería permítenos abrir unha vía moi interesante de comercialización e tamén de producción ecolóxica, que vai paso a paso pero que pode ser de gran apoio para a xente nova e as mulleres. En queixos xa temos certo mercado, mentres que coa estación de servicio de Silleda [hai outro surtidor en Cercio] estamos encantados porque está ben situada e supón un retorno económicopara os socios.

Compartir el artículo

stats