-Cobideza foi unha das cooperativas fundadoras de Xuncoga. Hai anos que o debate sobre a fusión de cooperativas en Deza está presente, pero non acava de abordarse. ¿Hai que poñer en marcha unha entidade similar a Aira?

-Penso que temos que evolucionar co sentido común, pero estando sempre preto dos nosos gandeiros, ao lado dos nosos socios. Nas grandes estruturas esquécese a proximidade ao socio, e esta cercanía é necesaria para negociar os prezos do leite, do pienso e tamén da maquinaria. E quero engadir que as cooperativas de Deza estamos quedando nun segundo plano, e isto non é lóxico. O único culpable de que se montasen cooperativas para seguir mantendo unha estrutura caciquil é Medio Rural.

-Xa que menciona a Xunta de Galicia, fágame unha valoración dos gobernos nestes 25 anos e as súas políticas destinadas ao rural.

-Nestes 25 anos, o rural en Galicia estivo relativamentee mal visto e mal entendido. O rural sempre se considerou de terceira división, e non foi ata esta última década cando o rural comezou a visualizarse como un factor económico, que non social.Esta reconversión chega tarde, pero polo menos chega. Hai que pensar no papel do rural como proveedor de alimentos dunha poboación mundial que medra a diario, así que é preciso investir en industrias de transformación do sector agroalimentario e tamén en políticas medioambientais. Este consello pode aplicase ao goberno autonómico, pero tamén ao estatal. E os dous teñen bos modelos a seguir na xestión que levan feito do rural outros países da Unión Europea como Alemaña, Francia ou Holanda.