Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Javier Pereiro Ramos: "A xente regala moito libro e aínda hai ese aprecio polo formato físico"

Empezou a escribir tras un obradoiro de Luís González Tosar e a súa primeira novela 'A distancia do espectador' verá a luz en breve

Javier Pereiro Ramos, onte, na librería Vagalume. // Bernabé/Ana Agra

"Se amas o que fas, nunca será traballo". Esta frase adáptase á perfección á profesión de Javier Pereiro Ramos, que desde o pasado setembro rexenta a librería Vagalume. Ademais el escribe e a súa primeira novela verá a luz nos vindeiros meses.

-Como afronta esta nova etapa ao fronte de Vagalume?

-Estou aprendendo o oficio e descubrindo como se traballa de libreiro.

-Por que se decidiu por tomar as rendas dunha librería?

-Porque xurdiu a oportunidade, coñeciamos aos anteriores propietarios, porque eramos clientes, e como me gusta isto, tiña que aproveitar.

-Cales son os proxectos que ten en mente?

-En principio seguir a liña dos anteriores propietarios, continuar facendo presentacións de libros e ir pouco a pouco poñendo a nosa personalidade. Por exemplo, na recente presentación de Carme Adán en Lalín puxemos nós os libros.

-A xente le cada vez menos ou é algo que empeza a mudar?

-A min sorprendeume para ben, superando as expectativas. Si que é certo que os datos están aí e cada vez lese menos, sen embargo, si que vexo máis público do que podería pensarse. E creo que o libro non se resentiu co formato dixital, tanto como por exemplo na música, que o CD está xa case desaparecido ou se vende moi pouco. No libro penso que aínda hai ese aprecio polo formato físico.

-Agora que acabamos de vir de Nadal, dunha época de regalar, un libro é un bo agasallo? A xente aposta por el?

-Si, porque en canto a libros hai moita variedade, tanto para rapaces como para adultos, e a xente regala moito libro.

-Supoño que vós tamén facedes un pouco de conselleiros á hora de vender un exemplar.

-Si, iso forma parte do traballo. A xente as veces chega sen algo claro e quere que lle recomendes. Por iso é importante que o libreiro lea e lle guste, e iso xa é parte de traballo feito, porque con esa afección podes recomendar aos clientes. Ademais empregamos as redes sociais para que a xente saiba das novidades que hai.

-Vostede tamén escribe. De feito, a súa primeira novela A distancia do espectador , verá a luz moi pronto. Como se decantou pola escritura?

-Foi algo que empezou na adolescencia, pero non dun día para outro, senón que é o resultado de ler e chega o momento, de que case sen darte conta, quéreste poñer do outro lado, e querer desenrolar as ideas lévate á escrita. En plan serio, empecei a escribir a partir do 2013 cando asistín a un obradoiro de Luís González Tosar, que me axudou para ver por onde podía ir.

-Por que xénero se decanta á hora de escribir?

-Empecei escribindo poesía e hai uns anos pensaba que o primeiro que faría, se tivese a sorte de que vira a luz, sería poesía, pero ao final saíu a idea dunha novela, que tamén me gusta. Pero continuo escribindo poesía e gardándoa no caixón.

-Fálama da súa novela.

-Fala dun adolescente xa tardío que está insatisfeito, frustrado co súa vida, e o que quere é buscar algo que o motive e a partir de aí coñece personaxes e situacións, e non quero adiantar máis, porque todo lector quere ir descubrindo as cousas.

Compartir el artículo

stats