21 de diciembre de 2018
21.12.2018

Carme Adán presenta o xoves 27 o seu 'Feminicidio' no museo

21.12.2018 | 03:23
Carme Adán. // Bernabé/Javier Lalín

O museo municipal Ramón María Aller de Lalín albergará o xoves día 27 a presentación do libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, de Carmen Adán, publicado pola Editorial Galaxia. Estará acompañada pola cantante Guadi Galego e polo concelleiro Francisco Vilariño. A cita será ás 19:30 horas

Neste libro, imprescindible para comprender a realidade da violencia de xénero na actualidade, a autora debulla os diferentes conceptos establecidos polas leis de violencia para tentar erradicala. A autora parte da idea de que "o patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia". Polo tanto, non é só un libro de palabras, porque como di Adán, "as palabras teñen carne".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia