19 de diciembre de 2018
19.12.2018
Faro de Vigo

O queixo 'Dona Cobiña' e dous meles de Lalín triunfan nas catas de Galicia

Cobideza gaña en Arzúa-Ulloa, con distincións a El Labrador Estradense e Lácteos Farelo - O Cortizo e O Saldoiro copan os ouros en apicultura

19.12.2018 | 03:46
A representante da queixería de Cobideza (2ª pola esquerda) e os meleiros de Lalín (5ª e 6º), onte, na entrega de premios en Santiago.

Os mellores meles de Galicia levan selo de Lalín. Así, alomenos, se desprende do resultado da XVII Cata dos Meles, que outorgou as súas máximas distincións a dous produtos lalinenses, O Cortizo e O Saldoiro. Non foron os únicos triunfadores dezaos, pois un queixo da cooperativa Cobideza, Dona Cobiña, tamén se impuxo na categoría Arzúa-Ulloa, na que tamén houbo distincións para outras dúas marcas producidas na zona, El Labrador Estradense e Lácteos Farelo. Cooperativa Hoxe e Lácteos Anzuxao eran os outros dous representantes das comarcas, mentres que entre os apicultores tamén estaba María Munín Taboada.

Cunha "gran satisfacción" e o compromiso de "seguir facendo as cousas ben" recibía onte Román Santalla Agra a medalla de ouro da XXI Cata dos Queixos de Galicia para o produto da cooperativa gandeira que preside. "Somos conscientes de que dar o paso á transformación e comercialización é moi importante, pero tamén somos conscientes das súas dificultades", apuntaba o representante de Cobideza SCG, con sede social en Cercio (Lalín) e queixería en Agolada. A prata nesta categoría Arzúa-Ulloa foi para Alimentos Ruta Xacobea SL, do Pino, e o bronce para Bama, de Queizuar SL, en Touro. Houbo tres distincións máis: El Labrador Estradense, de Queserías Daniel Torres SL, da Estrada, quedou cuarto; quinto foi Queinaga SAT, de Curtis; e sexto, Lácteos Farelo, de Agolada. Na variedade de curado houbo un só premio, para Artelac, de Antonio Ferreiro Ferreiro, de Antas de Ulla.

Don Crisanto, da SAT homónima de Vilalba, impúxose en Queixo Tetilla a Queinaga e Daniberto SAT, con distincións tamén para Alimentos Ruta Xacobea, Artelac e Campo Capela, da cooperativa do mesmo nome do municipio da Capela. Don Crisanto foi tamén ouro na DOP San Simón da Costa, con Fontelas, de Javier Piñeiro López (Vilalba) en segundo lugar e Daniberto, terceiro. Gran Despensa, da Real Abadía de Samos SL gañou na modalidade Cebreiro e Santo André, de Carlos Reija Fernández, en Castroverde, na curada.

O Cortizo, de Avelina Calvo Mundín, de Zobra (Lalín), impúxose nos meles multiflorais; a prata foi para Barbanzamel, de Abelleiros Fidosa SL, en Porto do Son, e o bronce para O Garabulleiro, de Carlos González Iglesias (Ourense). Houbo distincións para Abellas do Blas, de Blas González Claudio, en Vilar de Barrio; Meles JS, de Souto Vivo CB, en Vigo; e Enxebre, de González Carballal SL (Ourense). Na variedade de monoflorais levouse o ouro o tamén lalinense Antonio Gómez Tapia, de Albarellos, con O Saldoiro, por diante de Mel Veiga Florida, de Maribel García Porto, da Rúa, e Enxebre.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

BEcontent


"Viaxa mañá", Rías Baixas te espera

No te pierdas el emotivo mensaje con el que la Deputación de Pontevedra se dirige a los amantes de la provincia: "Trabajamos para que puedas volver lo antes posible; lo vamos a celebrar como nunca"

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia