A Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (AFEM) Morea-Lalín leva instalada na cabeceira comarcal dezá dende 2005. Eva Ulloa e Julia Enríquez están ao fronte dun colectivo que ten entre os seus obxectivos principais a rehabilitación psicosocial e laboral das persoas con algún tipo de enfermidade mental.

-Que valoración fai do galardón colectivo nos Lalinenses do Ano?

-A verdade é que recibimos a nova con moita ilusión primeiro por recoñecer o teu traballo e segundo porque é un recoñecemento para todo o colectivo que traballamos en esta asociación. Agradécese moito.

-Ten que ser un premio moi repartido, non?

-Por suposto. No equipo de traballo de Morea somos dúas traballadoras pero evidentemente detrás hai un equipo importante de xente. Nós entendemos que o premio é non só do equipo do traballo, tamén é dos socios, das familias e dos usuarios. Para nós este premio é un recoñecemento para todos eles, para todo o colectivo.

-Sorprendeulle a distinción?

-Claro que sorprende. De feito, fun convocada tamén como membro do xurado é como tiña outro compromiso nin siquera puiden aparecer e non puiden asistir a xuntanza prevista. E cando me chamaron esta mañán (por onte) claro que me pillou todo por sorpresa. Imaxínate.

-A quen lle adican o premio?

-Cando recollamos o premio a quen teremos moi presente é a todas as persoas que hai detrás no noso colectivo. A todas as persoas que traballamos cada día e tamén as familias que son os que verdadeiramente forman Morea. Nós somos pezas que estamos ahí para axudalos, pero realmente Morea son os socios, as familias e as persoas que teñen enfermidad mental. Mási que adicar o premio o que farei seguro e pensar neles.

-É un premio que reforza aínda máis esa tarefa?

-Sempre é un aliciente. Agradécese un montón. Pero sobre todo é o que temos falado sempre, queremos dignificar tanto o colectivo que un pobo como Lalín recoñeza e se volque co teu colectivo é súper importante. Que consigas ese efecto de visibilización é todo un reforzo e ademáis moi satisfactorio.

-Que opina dos premios Lalinenses do Ano?

-Agora mesmo, dende a posición na que estou, non sei si procede que opine. Tampouco sei moi ben que opinión inspiran estos premios. Preferiría non entrar a valoralos.Únicamente me parece que pola parte que nos toca como premiados é un recoñecemento que agradecemos un montón, sobre todo porque ven de parte do pobo e non de administracións ou autoridades. É un premio que ven de parte da xente.