Desde que, en 2001, a Unesco declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser o Mes da Ciencia. En consecuencia, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Foi o que fixeron onte no IES Laxeiro, onde unha parte do alumnado se enfundou a bata branca para facer experimentos no salón de actos do centro lalinense. Arredor de trinta estudantes de ESO e FP encargáronse de levar a cabo os traballos, mentras que o resto da comunidade educativa tivo ocasión de comprobar o seu desenvolvemento ao longo da xornada lectiva, con visitas nas que tamén pudieron practicar algúns experimentos.

Uxía Rapado González e Julliana Silva de Amorim mostraron as aplicacións do principio de Arquímedes, un dos dous científicos aos que Igaciencian (Institución Galega de Ciencia) propuxo este ano para dedicarlle o Día da Ciencia en Galego; o outro é o Mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria. Adriana Pampín Diéguez, Íker Calvo Pérez e Sara Granja Sanmartín abordaron as deformacións da codia terrestre; Roberto Gil, Javier Fernández González e Isabel Villar Iglesias fixeron demostracións do magnetismo con auga e bóla; das correntes de convección encargáronse Noa Calviño Lodeiro e Alondra Abigail González Carreto; da microscopia óptica, Fátima Jácome Iglesias e Clara Arias Fernández; a expansión do fondo oceánico na dorsal foi cousa de Paula Gutiérrez, Lucía Fernández e Lorena González; Laura Couto González, Fran Blanco Lareu e Andrea Carballude Beleda simularon erupcións volcánicas; Nair Saavedra e Paula Vázquez exploraron ácidos e bases cun indicador natural; Oliver Barriento e Andrés do Barro identificaron moléculas nos alimentos; Ánxela Adán e Brais González Penela mostraron a formación de gases; Lois Carral e Lucía Rodríguez Frade crearon unha serpe negra; e Lucas Daparte, Alejandro Matanzas e Lucía Pereiro ensinaron o sistema de flotación dos submariños.