01 de noviembre de 2018
01.11.2018

O xornalista Pedro Rielo gaña o III Neira Vilas de Novela Curta

-A trama de 'Detrás dos perdidos' tén lugar na década dos 80 - O autor recollerá o premio este sábado no auditorio Xosé Casal

01.11.2018 | 03:12
O xurado do premio, co director xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O xurado do terceiro Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta escolleu, por unanimidade, a obra Detrás dos perdidos, do escritor e xornalista Pedro Rielo. O tribunal estivo composto polo presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez, así como por Rosalía Morlán; Armando Requeixo; Fernando Redondo e Juan Andrés Fernández. Á hora de valorar esta creación, todos tiveron en conta a forza e viveza dos seus diálogos, o logro de ambientación dos escenarios e a caracterización das personaxes, "que fan desta novela un texto de moi agradable lectura", indica o tribunal.

A trama de Detrás dos perdidos está ambientada na Galicia de mediados dos anos 80, e desenvólvese entre o urbano pontevedrés e o rural lucense. Desa maneira, Rielo integra a cultura tradicional e o herdo tradicional do pobo galego, "conformando un relato no que a intriga convive coas evocacións paisaxísticas e as reflesións trascendentes", como sinala o xurado.

Baile e música

O premio está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra gañadora. A súa entrega terá lugar este sábado, día 3, ás 19.30 horas no auditorio Xosé Casal, no casco urbano de Vila de Cruces, e durante un acto organizado pola fundación con motivo do aniversario do nacemento de Neira Vilas. O evento, desta maneira, tamén inclúe un espectáculo de baile e música tradicional a cargo do grupo Cantigas e Agarimos, a partir das 20.30 horas.

Pedro Rielo naceu en Pontevedra no ano 1972. Na actualidade traballa como xornalista de directos nos informativos da TVG. En canto á literatura, dentro da poesía tén publicado os libros Illado na incerteza (2002) e As palabras furtivas (2006). Como ensaísta, é autor da monografía Ovidio Murguía (2004).

En canto ao Premio Neira Vilas de Novela Curta, nas dúas anteriores edicións gañaron o certame o ourensán David Daniel Álvarez Vázquez, con Diario de Brian, o chinés, e a viguesa An Alfaya, con O home de negro. O certame está aberto a novelas para público infantil, adoslescente e adulto.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia